Un poco de publicidad para las implicadas. Esto es a lo que asistiré el sábado. Yo estaré en la plaza de la Quintana vendiendo cosas.
10.30 h. Comezan as actividades lúdicas nas prazas de Cervantes, Praterías e Obradoiro, a cargo de cada grupo de voluntariado de Implicadas: xogos participativos, distribución de folletos informativos aos cidadáns, etc. Ao remate das actividades os grupos de voluntariado conducirán ao público cara o camiño e esperarán a que pase a “comitiva” para unirse a ela.
- Praza de Cervantes: xogos e actividades participativas a cargo do grupo de voluntariado de Lugo.
- Praza de Praterías: carreira de obstáculos con auga, emulando o recorrido que as mulleres de Moloxi realizan a diario para recoller auga para as súas familias.
- Praza do Obradoiro: alumnas de ESO do colexio San José de Cluny (Santiago) e o grupo de danza da Concellería de Xuventude de Lalín ofrecerán unha actuación de baile: “As Fabas da Auga”
10.15 h. Chegada das autoridades públicas convidadas. Recibiraas María Reimóncez, en representación de Implicadas No Desenvolvemento, na Casa do Concello.
11.00 h. Enchido das garrafas con auga na fonte da Porta do Camiño e inicio do camiño. As persoas convidadas xunto á poboación asistente carretarán as garrafas ata a Praza da Quintana: as garrafas irán pasando de man en man ata chegar á praza.
Camiño da Auga: Porta do Camiño > Rúa das casas reais > Praza de Cervantes > Rúa da Azibechería > Praza do Obradoiro > Rúa de Fonseca > Praza das Praterías > Praza da Quintana.

11.40 h. Chegada á Praza da Quintana donde se depositará a auga
María Reimóndez e o resto de autoridades lerán un manifesto sobre a agua e Etiopía.
Actuación conxunta do grupo de danza etíope Aduga e a Nova Galega de Danza.
12.30 h. Peche do acto.
0 aportaciones:
Publicar un comentario