viernes, diciembre 08, 2006 |


Implicadas no Desenvolvemento’ promove este evento solidario que terá lugar o sábado 16, ás 20 horas no Auditorio de Galicia Artistas como Rosa Cedrón, Deluxe, Avalon e Isga Collective en música; Inquedanza e María Reimóndez en danza; Chévere e Carlos Blanco en teatro; e EmmaCouceiro, Lucía Aldao, Rosa Aneiros, Álvarez Cáccamo e Antía Otero en poesía daranse cita no Auditorio de Galicia para participar no Implícate! Noite de música e palabra solidaria organizado por ‘Implicadas no Desenvolvemento’ (IND) e que presenta Yolanda Castaño e Paco Lodeiro.

As entradas xa están á venda, e pódense mercar a través do servizo de vendas de Caixa Galicia (a través da web e do teléfono 902.43.44.43), no propio Auditorio de Galicia, ou na tenda decomercio xusto Crisol de Vigo (Avda.das Camelias,14). O prezo é de 10€ entrada xeral, 6€ para estudantes, e 3€ para nenas e nenos menores de 12 anos.

O obxectivo de Implícate! Noite de música e palabra solidaria, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos,unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega. O propósito principal deste evento é dar a coñecer o traballo desta organización de cooperación ao desenvolvemento galega, invitar ao público a ver o mundo con outros ollos, a reflexionar, e a cambiar o mundo, dende Galicia, dende a conciencia crítica ea acción clara. Igualmente, os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse integramente a financiar proxectos de cooperación para o desenvolvemento de IND.
Implícate!

0 aportaciones: